Tuesday 21 de May de 2024

A licitación da cervexaría ‘O Lanuxe Almacén’ terá que repetirse por defectos de forma nas propostas presentadas


• O obxectivo do Concello é que esta instalación reabra as súas portas de fronte ao verán de 2022.

• A concesión será de catro anos, máis dous prorrogables, e o adxudicatario deberá instalar unha pérgola na terraza.

• O local hostaleiro, que non ten actividade desde o ano 2016, está situado no acceso á praia da Ribeira, unha localización moi valorada tanto por veciños como por visitantes.

O proceso de licitación para a explotación da cervexaría ‘O Lanuxe Almacén’ quedou deserto e terá que saír de novo a concurso por defectos de forma nas diferentes propostas presentadas. O obxectivo do Concello de Miño é que esta instalación reabra as súas portas de fronte ao verán do próximo ano 2022.
As características seguirán sendo as mesmas. A concesión será de catro anos, máis dous prorrogablesy un canon para asumir de 4.000 euros. O adxudicatario terá a obrigación de instalar unha pérgola na terraza e de continuar coa explotación da cervexaría unha vez finalizado o prazo de concesión, en caso de atoparse en tramitación unha nova adxudicación e mentres esta non sexa eficaz. Ademais, un dos requisitos é que a explotación leve a cabo por persoas especializadas no ámbito da hostalería.

Conta con 98 metros cadrados de espazo interior dedicados a bar, distribuídos da seguinte forma: 19,35 m2 de barra, 60,30 m2 de zona pública, 12,30 m2 de aseos, 6,15 m2 de cociña e 21,62 m2 de almacén. No interior dispón de 38 prazas das que 20 son en mesa baixa, 8 en mesa alta e 10 en barra. A terraza dispón dunha superficie de 120 m2 cunha capacidade de 80 prazas.